Vilardevós non é unha excepción no descenso demográfico que rexistran os municipios do Val do Támega e da Comarca de Monterrei. Vilardevós foi cuna de insignes persoaxes como os escritores Eloy Luis André, Silvio Santiago García, Jacinto Santiago García, o poeta Manuel Núñez González ou o músico Angel Barja Iglesias. | | No sudeste da provincia de Ourense encontrase o Concello de Vilardevós, pertenecente á comarca de Verín, a súa orografía é a propia de zona montañosa, destacando o accidente xeográfico da Serra de Penas Ceibes, e ocupa unha superficie de 152,7 kilómetros cuadrados, distribuida en trece parroquias. A paixase caracterízase por unha sucesión de vales profundos e estreitos. O clima representa un matiz continental, de invernos frios con medias moi baixas. A rede fluvial articulase ó caron das cuncas do río Támega e o río Mente depedentes do Duero.
ELOY LUIS ANDRÉ: Nace en Mourazos, o día 19 de xuño de 1876. A súa infancia transcurre en Vilardevós donde fai os seus primeiros estudios na escola pública; os de segunda ensinanza en Celanova e Ourense, proseguindo os seus estudios nas Universidades de Santiago, Salamanca, Madrid, París, Lovaina, Bruselas, Leipzig e Jena, tendo como mestres a Unamuno, Wund, Eucken, ...etc. En 1904 é nomeado catedrático de psicoloxía, lóxica e ética. Entre as súas obras cabe destacar as seguintes: “Ética española”, “Revolución”, “Democracia social”, “El Histrionismo español”, “Mentalidad alemana”, “Galleguismo y españolismo”. Faleceu en Madrid no ano 1936.
SILVIO SANTIAGO GARCÍA: Nace en Vilardevós o día 12 de outubro de 1904. O chegar a guerra civil en 1936 na que o seu irmán foi asasinado, fuxe a Portugal e de alí a Cuba e porteriormente a Venezuela. En 1961 revelase como escritor cunha publicación do seu libro “Vilardebós” que se convirte nun clásico da narrativa galega. Durante moito tempo a censura franquista impide a publicación do seu libro “O silencio redimido” -premio da crítica-, novela que non verá a luz ata 1977, tres anos despois da súa morte (Vilardevós 12-09-74). En Venezuela recibe varios galardóns polas colaboracións periodísticas e relatos literarios.
MANUEL NÚÑEZ GONZÁLEZ: Nace en Vilardevós o día 5 de agosto de 1865. Estudio dereito en Santiago de Compostela e foi rexistrador da propiedade. Se revela como escritor publicando nas páxinas de “O tio Marcos da Portela”, algúns traballos líricos, asinados ben co seu nome ou co alcume de Ma-Nu-Gon. En 1895 publica “Salaios” versos galegos. En castelan escribe “Efusivas” e unha monografía “La poesía popular gallega”. Foi membro electo da academia galega. A súa tarea como pensador queda pechada co folleto anónimo impreso en Portugal “Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX”, Foi amigo de Manuel Murguía, e falece en Vilardevós o día 16 de febreiro de 1917.
ANGEL BARJA IGLESIAS: Nace en Terroso o día 5 de outubro de 1938. En 1954 comeza as súas actividades como compositor de música coral. En 1967, viaxa a Italia, Suiza e Austria para amplia-los seus coñecementos musicais, é alumno de Vieri Tossati. En 1972 faise cargo da dirección da capela clásica de León. Entre os numerosos premios obtidos destacan: Premio nacional de composición (1972); Premio internacional de composición (1972); Premio internacional de composición (1981); Premio Cristobal Halfter (1982); Premio nacional de composición (1984); Premio internacional de la Real Academia de bellas artes de Granada (1985); Premio internacional “Ciudad de Segorbe” (1986). En 1987 publica o seu libro “Música e poemas para niños”. Músico de sólida formación e vasta cultura cun catálogo de máis de 500 obras. Angel Barja é o fillo musical máis universal de todala historia de Galicia. Faleceu o día 12 de febreiro de 1987.
UN LIBRO DE JUAN TALLÓN RECUPERA A MEMORIA HISTÓRICA DE JACINTO SANTIAGO: "Jacinto Santiago" e o título do libro biográfico que Juán Tallón, un xove veciño noso licenciado en Filosofia e Letras, adica a un dos fillos preclaros de Vilardevós e considerado como "o mellor xornalista galego da preguerra". Durante dous anos, Tallón estudiou a figura de Jacinto Santiago (1894-1936) a través de artígos seus en medios como La Zarpa e La República e da lembranza dos seus contemporáneos. O libro, editado por "As Barxas", foi presentado en Vilardevós, Verín, Ourense e Santiago de Compostela.
A actualización do censo de poboación, por unha banda, fai que Vilardevós se manteña por encima dos tres mil habitantes –exactamente 3075- e por outra banda, que é o terceiro concello das comarcas de Monterrei e As Frieiras, superado únicamente por Verín e Monterrei, e por delante de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Oimbra, Riós, A Gudiña e A Mezquita.
Osoño é a parroquia con maior número de veciños. Entre O Hospital, Bustelo, A Devesa, A Bemposta, A Veiga das Meás e Osoño suman 450 persoas, Outras parroquias como Vilardevós, Arzádegos, Berrande e Terroso superan ampliamente os 300 habitantes, en tanto que Santa María, Vilarello e Enxames se situan a continuación con máis de 200 habitantes, cifra que casi acada Vilar de Cervos. A parroquia con menos poboación é a de Feilas, no lugar de Fumaces e A Trepa, con so 77 veciños, a mitade dos veciños de Soutochao e Moialde. O núcleo con maior número de veciños é San Miguel de Vilardevós, a capital do municipio con 333 habitantes. Con estes datos cabe significar que Vilardevós perdeu a 189 persoas desde o censo de 1991.
Vilardevós non é unha excepción no descenso demográfico que rexistran os municipios do Val do Támega e da Comarca de Monterrei. O noso concello que a principos de século cun censo de poboación de 4.695 persoas, llegou a ter 6.645 en 1950, cifra que se mantivo unha década máis tarde para descender notablemente a partires de 1970. O censo dese ano rexistrou a 6.125 habitantes, pasando a 5.694 en 1.981. Dez anos despois, en 1991 a poboación descendeu a 3.257 habitantes, cantidade que na práctica se manten inalterable, segundo o último padrón.
O Concello de Vilardevós (Ourense) considerou conveniente adoptar unhas armas ou brasón propio no que, coa simboloxía adecuada e conforme ás tradicionais pautas de presentación dos emblemas heráldicos, se represente e perpetúe a súa propia peculiaridade. Para isto, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, co seu correspondente brasonamento e representación gráfica, para a súa aprobación definitiva. A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma Galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de Autonomía de Galicia.
O expediente tramitouse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei, reguladora das bases de réxime local, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, da Xunta de Galicia, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.
Na deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,
Acordan: Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Vilardevós (Ourense), que quedará organizado do seguinte xeito: de gules (vermello), a cruz de San Xoán de prata (branco); xefe de azur (azul) con tres vieiras de prata. Bordura de sable (negro) cunha cadea de ouro (amarelo). Ó timbre, coroa real pechada.
|
| |